O segundo turno correspóndelle a Federico Silvestre e Arantxa Pérez Indaverea. Tras unha introducción en francés por parte do profesor Silvestre, Arantxa entra en materia, e afonda nas distintas arquitecturas, o que nos contan de nos e das distintas sociedades que formamos, dentro do mundo dos videoxogos. Ambos participan dunha presentación moi dinámica e apoiada en constantes arquivos audiovisuais para reforzar os contidos expostos.