Os raios cósmicos son partículas subatómicas de altísima enerxía que chegan á Terra procedentes do espazo exterior. O IGFAE (Instituto Galego de Altas Enerxías) lidera a participación española nos experimentos do Observatorio Pierre Auger, situado na Pampa arxentina, onde se estuda a orixe e natureza dos raios cósmicos máis enerxéticos coñecidos. Trátase dun proxecto internacional no que colaboran máis de 400 científicos de 20 países.
Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Cazón Boado, Lorenzo
Investigador Ramón e Cajal. IGFAE, Universidade de Santiago de Compostela