Na conferencia "Por que non pode o tempo ir cara atrás?" o premio nobel analiza a dimensión tempo dende as primeiras teorías existentes ata as últimas teorías sobre o tema. Comeza falando da imposibilidade de viaxar cara atrás ou cara adiante no tempo, con todos os privilexios quue esto podería traer. Constantemente exemplifica as súas explicacións con imaxes e videos que facilitan a comprensión. Conceptos como as leis de Newton, a aceleración, a dirección do tempo ou os campos magnéticos mistúranse nun discurso diáfano nas ideas. A pregunta que se plantexa como inicio dos seus razoamentos é "¿Por qué existe a percepción de avance cara diante da dimensión tempo?".