Eric A. Cornell, científico norteamericano de Palo Alto, centra o desenvolvemento da súa conferencia na segunda lei da Termodinámica. Fai unha curiosa defensa da esencia desta teoría. Describe conceptos como temperatura, enerxía ou entropía, exemplificando para facelos máis claros. Inmediatamente introduce a segunda lei da Termodinámica e desenvolve o relato esencial da súa exposición.