A presentación corre a cargo de Xurxo Hervada, quen repasa a carreira profesional e os méritos do conferenciante. O doutor portugués Henrique Barros é o encargado de pechar este congreso cunha conferencia sobre saúde pública e epidemioloxía no novo mundo globalizado. Comeza cunha imaxe impactante e de actualidade que reflicte o problema da migración das persoas e partir de ahí comeza o seu relato. Sinala as carencias e problemas actuais que arrastra a globalización e o tránsito internacional. Sinala algúns puntos chave para comprender esta situación e algunhas pistas de por onde camiña o futuro máis inmediato. As súas valoracións buscan unha mellora e unha comunión entre todos os profesionais e dos sectores que afectan á materia. Ao finalizar ábrese un debate.