Presentation case study. Refugee movements to Europe: regulation, distribution, acommodation?

Data de celebración: 28/03/2017
Visto: 2581 veces

A sesión inicial é presentada e moderada pola profesora Anne-Marie Autissier. O primeiro caso que se presenta nesta sesión é "Espacios ocupados en Santiago de Compostela: el caso del CSOA Eskárnio e Maldizer", cuxa exposición a fan tres dos cinco responsables do proxecto: Luis Martín Agrelo Janza, Triana Lozano Parra e Brais Leirós López. Contextualizan o centro social do que falan en primeiro lugar, para inmediatamente repasar a historia deste tipo de iniciativas ocupacionais na cidade compostelana, para rematar cos detalles propios do CSOA Eskárnio e Maldizer e que elementos o fan singular. O segundo caso que se presenta é "A cidade como espacio xogable: Santiago de Compostela", exposto por Laksmy Irigoxen. Modera esta mesa o profesor Javier Gómez-Montero. A investigadora da USC fai un repaso de como se crean e como funcionan, así como o impacto social e cultural que teñen os novos xogos, que se mezclan coa realidade e co espacio cotián. Fala de Santiago como espacio para este tipo de xogos. O terceiro caso, exposto por Felicia Hofstätter e moderado por Rainer Wehrhahn, trata sobre o tema dos refuxiados en Alemania no período 2015-2016 e os problemas e características deste movemento na cidade de Kiel e o estado federado Schleswig-Holstein. Dende a Universidad de El Salvador e tras da presentación por parte da profesora María José Piñeira Mantiñán, Enzo Cárcano e Luciana Belloni fan unha análise da realidade urbana de latinoamericana durante as últimas décadas da historia. Os cambios políticos, os reximes totalitarios, os golpes de estado, a mestizaxe e moitos outros elementos forman parte da configuración das cidades que medrán no continenete transoceánico e como se reflexan nas artes escénicas.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Wehrhahn, Rainer
Profesora da Clark Atlanta University
Hofstätter, Felicia
Profesora da Clark Atlanta University
Investidura Doctores Honoris...
Data Evento:
06/02/2024
[+]
Festividade de San Tomé...
Data Evento:
30/01/2024
[+]
Acto de entrega das Insignias...
Data Evento:
22/01/2024
[+]
Programa ConCiencia 2023. David...
Data Evento:
21/12/2023
[+]
Exposicións na USC
Data Evento:
08/11/2023
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license