Tras da presentación de parte do profesor Gómez-Montero, o tamén profesor da USC Germán Sierra fala sobre as identidades no actual punto de evolución da humanidade, tanto a nivel biolóxico como social. Para afondar nestes aspectos fai un repaso dos arquetipos que a ficción literaria do século XXI nos proporciona. A descripción dos espazos urbanos busca describir os distintos aspectos que resultan tanto da realidade como do seu reflexo no ámbito literario.