Unha breve presentación a cargo de Carlos Andrada Herranz na que describe a temática e ó protagonista desta conferencia. Enric Banda, xeofísico e membro ex-oficio do comité executivo do International Commission on Mathematical Instruction. No inicio da súa disertación fai unha radiografía do estado actual de Europa con respecto ao número e calidade das axencias e sociedades representativas deste sector da investigación científica. Durante toda a conferencia vai facendo crítica dos intentos de intervención dos governos europeos neste tipo de organizacións. Insta a un cambio de actitude por parte dos países participantes neste tipo de iniciativas, deixando que sexan os latinoamericanos quen tome o control das follas de ruta das liñas de investigación.