Tras da entrada da comitiva oficial e de que tomen asento na mesa presidencial, o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga Iribarne fai unha breve presentación do acto e cédelle a palabra a Marisa Fernández, responsable do Comité Organizador deste evento. Sinala como un dos puntos quentes a atracción de aqueles investigadores valiosos cara as nosas institucións, e frear a migración habitual cara Estados Unidos. Marisa Fernández fai un repaso dos actos organizados e explica o modus operandi durante este encontro. Ademáis agradece a todos a participación. Finalmente resalta os valores e materias a tratar, e o modo en que se terá acceso ás cocnclusións e resumos de todalas intervencións.