Comeza o moderador da mesa facendo unhas pequenas pinceladas que sitúan profesionalmente ao protagonista. Enrique Macías, responsable do nodo español do Proxecto LIMES, fala dende a súa experiencia profesional das bases de datos e os usos que se lle están dando e se lle poden aplicar no futuro próximo. Para elo conta minuciosamente o traballo que eles realizan neste proxecto internacional. Na parte central do seu discurso fai unha análise en profundidade do sistema de catalogación e busqueda de datos chamado ZMATH. Na parte final sinala os aspectos xerais do proxecto LIMES: procedencia, financiamento, target de mercado, lugares dende onde se coordina...