• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  XIX Premio Internacional Grupo Compostela-Xunta de Galicia
  •  »  Debate.

Debate.

Data de celebración: 25/09/2015
Visto: 4276 veces

O reitor Juan Viaño, abre a xornada cun discurso de entusiasmo ante o que ven de aquí en adiante, cunha xornada chea de contidos interesantes; con moitos puntos de debate que afectan á esencia da educación e das súas institucións. Tras a apertura da xornada, o moderador da mesa, Fernando Cabo Aseguinolaza, toma a palabra para iniciar o debate. Fai un diagnóstico sobre a situación do ámbito universitario para lanzar o resto de intervencións. Francisco Marmolejo Cervantes fala sobre a transformación do mundo e de como a educación superior ten que rempensar novas rutas para os propositos de formar ás novas xeracións das respectivas sociedades. A representante do Programa Erasmus, Martine Reicherts, fala en segundo lugar. Tras presentarse profesionalmente de forma breve, Martine Reicherts fai unha análise das necesidades das universidades como institucións para adaptarse á nova realidade e da mobilidade dos alumnos como elemento esencial. O científico Jean-Pierre Bourguignon fala da introducción de novas técnicas de ensino, de primeiro observar, despois discutir e despois realizar unha transformación do sistema educativo. Fai referencia ao camiño de Santiago para falar da mobilidade como esencia da nova tendencia mundial. Miguel Ángel Escotet Álvarez, presidente de Afundación, pon a perspectiva de quen traballa na educación superior dende o ámbito empresarial. Ao final o turno de intervencións ábrese un debate.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Viaño Rey, Juan Manuel
Reitor da USC
Cabo Aseguinolaza, Fernando
Director do Centro de Estudios Avanzados da USC
Marmolejo Cervantes, Francisco Javier
Coordinador de Educación Superior do Banco Mundial
Reicherts, Martine
Directora Xeral de Cultura e Educación da Comisión Europea
Bourguignon, Jean-Pierre
Investigador do CNRS (Centre National de la Reserche Scientifique)
Escotet Álvarez, Miguel Ángel
Presidente de Afundación
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Acto Académico de Apertura...
Data Evento:
23/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license