Tras a charla do profesor da Universitá della Calabria ábrese unha mesa redonda na que participan tanto o público como os membros da mesa: Mercedes Brea López, Maurits Van Rooijen, Martine Reicherts, Katerina Lukesova e Marc-Anthony Micallef. A través do pensamento destes protagonistas e das súas experiencias profesionais xérase un debate sobre os problemas e solucións no ámbito da educación superior. Despois das intervencións dos membros da mesa amósase un video dun dos participantes que non pudo asistir en persona, Gianni Pittella. Fala sobre tolerancia e solidaridade, sobre migración e sobre o traballo en comunidade dentro de Europa. Ábrese o debate sobre os temas tratados na mesa.