A continuación Alberto Núñez Feijóo, presidente da Xunta de Galicia, fala das orixes da universidade compostelana como berce da idiosincracia actual da comunidade galega, un faro guía para toda unha sociedade dende a súa creación ata os días de hoxe. Aporta algúns datos sobre a actualidade universitaria e educativa en Galicia. O coro da universidade interpreta o Gaudeamus Igitur con todolos presentes en pé. O presidente da Xunta de Galicia levanta a sesión.