O último conferenciante da sesión, David D. Hill, expresándose tamén en inglés, fai unha referencia á orografía montañosa de Santiago. Comeza o seu discurso , que versa sobre as experiencias pasadas e presentes nos Estados Unidos, falando da evolución das políticas estatais respecto da investigación dentro da universidade. As reformas levadas a cabo nos últimos tempos están levando consigo unha serie de melloras no camiño da innovación tecnolóxica; esto provoca unha retroalimentación na propia unioversidade e nas súas investigacións gracias as tecnoloxías de comunicación cada vez máis eficaces. A productividade é o obxectivo a mellorar por todas as universidades coas políticas que asumen.Tamén fala sobre os programas de doutorado e o seu impacto na sociedade e no mundo económico.