Como representante das universidades nesta mesa redonda a reitora da Universidade de Aveiro, María Helena Vaz de Carvalho, relata a realidade dende o prisma das universidades. O esforzo de inversión feito dende as institucións educativas para acadar bos resultados en innovación e en apostas tecnolóxicas é descrito e analizado por ela. Nos tempos de crise nos que nos atopamos o papel da universidade neste plan de progreso do mundo da innovación é chave e para demostralo fala das bondades e carencias do sistema na actualidade e de como o bo funcionamento das universidades permite pasar a través destes permitindo o progreso do sector.