Previo á elección do reitor da Universidade de Santiago de Compostela os candidatos celebran un debate cos membros do persoal de Administración e Servizos da institución para expoñer as liñas do seu proxecto e aclarar os puntos que son importantes para os traballadores da universidade compostelana. Comezan ambos candidatos expoñendo os seus programas e o seu equipo de traballo, para posteriormente entrar nun debate no que participan todas as partes implicadas no acto.