Juan Casares Long, en calidade de máxima representación da USC fai o discurso de apertura de curso cun ton positivo e responsable. Fai loa do discurso de Margarita Ledo Andión e explica con brevedade o porqué da súa ledicia. Tamén sinala da iniciativa tomada pola USC de facer neste acto a entrega das insignias Fonseca. Entón fai un alto no seu discurso para voltar o pasado e situar a institución nos anos setenta e facer unha comparativa evolutiva da súa organización. Continúa o seu discurso destacando os datos actuais da nosa universidade e da orientación do coñecemento e dos seus axentes nos vindeiros anos. O coro interpreta o Gaudeamus Igitur. Peche do acto e saída da comitiva oficial.