A lección maxistral "Brañas. 100 anos despois" corre a cargo de Carlos Otero Díaz. Centra a súa atención no escritor e ideólogo galego Alfredo Brañas Menéndez. A esencia do discurso do profesor Otero Díaz é sobre o pensamento do ilustre galego e sobre a súa influencia nas posteriores xeracións de pensadores e políticos galegos. Soan varias pezas interpretadas polo coro da USC entre a lección maxistral e o discurso do reitor.