Manuel Bao Iglesias, catedrático de Enxeñería química pola USC, é o encargado de dar a lección maxistral desta apertura de curso. Centra o seu discurso no desenvolvemento sostible no século XX. Fala do punto de non retorno, de conceptos poboacionales a modificar, do impacto en especies que se tornan endémicas ou tenden á desaparición; fala tamén dos terreos de cultivo e da súa xestión, da extracción de minerales, os danos provocados nas distintas capas da atmósfera. Estes e outros puntos son tratados con claridade polo catedrático da nosa universidade. O coro universitario interpreta unha peza en homenaxe ao conferenciante Manuel Bao Iglesias, encargado da lección maxistral deste ano.