• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Exposicións na USC
  •  »  Exposición: Un rastro de furia e algas

Exposición: Un rastro de furia e algas

Data de celebración: 08/11/2023
Visto: 1174 veces
Colexio de Fonseca. Do 19 de octubre 2023 ao 27 de enero de 2024

O Colexio de Fonseca acolle desde o 19 de outubro de 2023 a exposición 'Un rastro de furia e algas' no Salón Artesoado. A súa inauguración foi presidida polo reitor, Antonio López Díaz, e coa participación da vicerreitora de Estudantes e Cultura, Pilar Murias Fernández, e do comisario da exposición, Federico López Silvestre, xunto a María Gil e Sergio Meijide. A continuación, no mesmo acto, tivo lugar a performance do colectivo artístico Landra. A subida dos océanos, a estratificación dos plásticos e o aumento das temperaturas non son casualidades históricas, senón consecuencia directa dun sistema produtivo que cabería transformar se se quere evitar unha extinción prematura. Aínda que esta reflexión se remonta ao século pasado, a primeira xeración en padecer o que se coñece como 'ansiedade climática' foi a millenial, integrada polas persoas nacidas entre 1980 e 1996. Inspirada por un verso de Alba Cid, poeta desa xeración, a mostra agrupa a artistas millenial de Galicia e do norte de Portugal para explorar como esta sensibilidade está a calar nas súas investigacións. Nas obras expostas apréciase, entre outras cousas, a denuncia das debilidades e as irresponsabilidades do sistema produtivo, a crítica dos marcos antropocéntricos que determinan a nosa relación co mundo e a supervivencia da vida nas ruínas do capitalismo. A mostra poderá verse ata o 27 de xaneiro de 2023, en horario de luns a sábado, de 11.00 a 14.00 e de 17.00 a 20.30 horas.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Silvestre, Federico
Profesor de Historia da Arte da USC
Meijide Casas, Sergio
Investigador do Departamento de Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela
Gil Martínez, María
Investigadora do Departamento de Historia da Arte, Universidade de Santiago de Compostela
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license