O reitor, nun breve discurso, amosa a congratulación de ter no claustro a tan ilustre psicólogo e profesor. Resalta o feito de que ao recibir o Premio Principe de Asturias tivera un inmediato recordo da xente da nosa universidade e viñera a compartilo con eles. A brevedade inusual do discurso do reitor confírelle máis valor emocional a todas e cada unha das verbas pronunciadas. O coro da USC interpreta de continuo o "Aleluyah" e o " Gaudeamus Igitur" antes do peche da sesión.