A química como pasaporte ao mundo: o camiño dende Bellshill, Escocia, ata as marabillas da invención e o descubrimento (V.O. Inglés)

Data de celebración: 30/03/2022
Visto: 2001 veces

Nesta ocasión acudiu a Santiago David MacMillan Premio Nobel de Química 2021 para presentar a súa conferencia: "A química como pasaporte ao mundo: o camiño dende Bellshill, Escocia, ata as marabillas da invención e o descubrimento". A capacidade para fabricar moléculas é fundamental no progreso da humanidade. Para iso son claves os chamados catalizadores, sustancias que controlan e aceleran as reaccións químicas, sen seren parte do produto final. Por exemplo, nos coches transforman as sustancias tóxicas do tubo de escape en moléculas inofensivas. O noso corpo tamén contén miles de catalizadores, que regulan a formación das moléculas necesarias para a vida. Durante moito tempo pensouse que só había dous tipos de catalizadores, ata que David MacMillan e Benjamin List descubriron unha terceira vía, a chamada organocatálise asimétrica, baseada en pequenas moléculas orgánicas. Con ela convértense determinadas sustancias químicas en produtos moito mais valiosos, dunha forma medioambientalmente sostible e económica, algo de enorme relevancia a nivel industrial, sobre todo no eido farmacéutico. Ademais, os organocatalizadores que dirixen estas transformacións permiten obter só unha das dúas formas especulares nas que soen existir moitos produtos (formas especulares como son a man dereita e esquerda); o que é vital para que poidan facer a súa función biolóxica ou tecnolóxica da forma axeitada.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
MacMillan, David W.C.
Premio Nobel de Química 2021
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license