Comeza a súa conferencia Ei-ichi Negishi, falando do soño de visitar a nosa cidade dende fai vinte anos. Por fin acadado, recoñece sentirse encantado por Compostela. Nun nivel de mais relevancia, e dentro do ámbito profesional, o seu soño é deixar un mundo mellor do que atopou. A rendibilidade da investigación, o proveito que se lle poda sacar, é imprescindible para acadar este obxectivo. Para xustificar esta afirmación expón algúns exemplos da historia que contribuíron ao progreso da humanidade. Pouco a pouco vainos facendo unha autopsia detallada dos esforzos e sacrificios do camiño que o levou á situación actual. Con el podemos aprender o traballo que require chegar a ser un científico de primeiro nivel. Neste aspecto fala de sete pasos a dar para acadar o estatus de candidato a premio Nobel, os describe na súa experiencia e anima a todos os presentes a intentar chegar a el.