David Attenborough comeza facendo referencia o libro de Charles Darwin "A orixe das especies" e a outro científico contemporáneo de Darwin, Alfred Russell Wallace, o que se vai refire para explicar porque mereceu máis importancia da que tivo no mundo da bioloxía ó verse eclipsado pola figura do científico que viaxou no Beagle. A pesar dalgúns problemas técnicos continúa coa súa presentación de Wallace, da súa vida e obra, facendo un paralelismo coa vida de Darwin. Os descubrimentos feitos por Wallace no mundo dos paxaros exóticos foi enorme, e a súa contribución para entender o comportamento destes é esencial. Para facer máis fácil a referencia amosa un video da súa colleita, no que vemos os bailes de apareamiento destas aves. Xa metido no tema da conferencia comeza a explicar en profundidade as características destes paxaros, que para nos resultan exóticos ou raros. Sempre se axuda nas súas explicacións con videos. Continúa contando as peripecias que experimentou Wallace nas súas viaxes arredor do mundo. O comportamento sexual mediante bailes dos machos diante das femias destas aves son un dos dous temas principais desta conferencia. O outro é a polémica entre os méritos de Darwin e Wallace para pasar á historia como iniciadores da Teoría da evolución. Para David Attenborough a polémica non existe dende o momento en que cada un deles supuxo un paso enorme na ciencia animal e o resto son cuestións máis políticas que reais.