Acto de celebración da Festividade de San Tomé de Aquino, patrón da Universidade, no Salón de Actos da Facultade de Ciencias do Campus de Lugo. O reitor Antonio López no seu discurso puxo en valor o cometido da USC como “panca ensencial para a formación e tamén para o desenvolvemento económico e social de Galicia”. Recoñeceu o “lícito orgullo pola realidade universitaria construída entre todos en Lugo durante o último século”, referiuse ao recoñecemento do Campus Terra como campus de especialización como “unha oportunidade de futuro para acadar obxectivos ambiciosos, tales como os son incrementar o alumnado, potenciar e afianzar estruturas e resultados de investigación, avanzar no relevo xeracional do profesorado e no deseño de títulos aliñados cos novos intereses sociais e do mercado laboral”. Finalizado o seu discurso o reitor dou por rematado o acto.