Nesta ocasión acudiu a Santiago Tomas Lindahl Premio Nobel de Química 2015 para presentar a súa conferencia: "Inestabilidade de ADN e posibles formas de vida alternativas" O traballo pioneiro de Tomas Lindahl demostrou que o ADN é unha molécula intrínsecamente inestable, levándolle a postular que as células deben contar con sistemas de reparación eficientes que aseguren o mantemento da súa estabilidade xenómica. Nos seguintes anos, o seu laboratorio identificou numerosas enzimas de reparación, o que lles permitiu definir e reconstituir o mecanismo universal de reparación por escisión de bases. As contribucións de Lindahl permitiron abrir un novo campo de investigación con profundas implicacións na nosa comprensión da bioloxía molecular básica e da aparición de enfermedades xenéticas, así como no desenrrolo de novas terapias antitumorales.