Acto de entrega da Insignia de Ouro da USC ao Profesor Doutor D. Robert Langer

Data de celebración: 17/06/2022
Visto: 1555 veces
"As loitas e os soños dun enxeñeiro químico: desde as micro e nanopartículas ata os tratamentos contra o cancro e vacinas de ARNm"

O reitor Antonio López impúxolle a Insignia nun acto institucional que se desenvolveu no Salón Nobre do Colexio de Fonseca e no que a catedrática da Área de Farmacia e Tecnoloxía Farmacéutica, María José Alonso, presentou a traxectoria do profesor Langer, considerado fonte referencial na liberación intelixente de fármacos e pioneiro na enxeñaría de tecidos. Despois de que a secretaria xeral Dulce García Mella procedera a dar lectura á resolución reitoral da concesión, o reitor impuxo a insignia, dando paso ao relatorio no que Robert S. Langer abordou 'As loitas e os soños dun enxeñeiro químico: dende micro e nanopartículas ata tratamentos contra o cancro e vacinas de ARNm'. O acto contou tamén coa intervención de Francisco Conde López, vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia. Co-fundador de Moderna e de máis de 40 empresas biotecnolóxicas, a contribución de Langer é fundamental no campo da liberación de fármacos, dende o descubrimento de novos biomateriais ata a liberación de fármacos complexos como proteínas e moléculas de ARN. O doutor Langer escribiu máis de 1.250 artigos e as súas patentes, máis dun milleiro, foron licenciadas ou sublicenciadas a máis de 250 empresas farmacéuticas, químicas, biotecnolóxicas e de dispositivos médicos. Langer desenvolve a súa actividade no Instituto Koch para a Investigación Integrativa do Cancro do MIT.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Díaz, Antonio
Reitor Mgfco. da Universidade de Santiago de Compostela
Alonso Fernández, Mª José
Catedrática de Biofarmacia e Tecnoloxía Farmaceutica, Universidade de Santiago de Compostela
Langer, Robert
investigador do Instituto Koch para a Investigación Integrativa do Cancro no MIT, MIT
Conde López, Francisco
Vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación , Xunta de Galicia
García Mella, Dulce Mª
Secretaria Xeral, USC
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license