O grupo de "Xenomas e Enfirmidade" do CIMUS da Universidade de Santiago de Compostela tivo unha participación decisiva no consorcio internacional PanCáncer. Nesta colaboración participaron cerca de 1000 investigadores durante sete anos analizando unha mostra de tumores en 3.000 pacientes e 38 tipos diferentes de cancro. Trátase da maior investigación sobre xenímica do cancro do mundo, que liderada dende o CIMUS descubriu un mecanismo de mutación clave na abordaxe da enfermidade. O grupo de investigación dirixido por José M.C. Tubío dou a coñecer os resultados deste análisis xenómico o pasado 6 de febreiro de 2020 que foi publicado por Nature e Nature Genetics.