"Universo Sostenible" é unha serie de espazos audiovisuais na que, expertos e investigadores de distintas universidades españolas, falan de temas de gran actualidade e das súas investigacións e traballos ao respecto. A serie consta de 3 temporadas e todos os capítulos emítense na TVE2 dentro do programa "A aventura do saber". Neste capítulo da temporada 2, titulado: "É necesario vacunarse?" intervén, entre outros, Federico Martinón, Xefe de Servizo de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago (CHUS). Ademáis da USC participan as seguintes universidades: Universidad Castilla La Mancha: Jorge Laborda, Universidad Autónoma de Barcelona: Isidre Gibert, Universidad de Valladolid: Alfredo Corell, Universidad de Vigo: África González, Universidad de Murcia: Antonio Donaire y Rafael García, Universidad de Zaragoza: Carlos Martín Montañes.