"Universo Sostenible" é unha serie de espazos audiovisuais nos que expertos e investigadores de diferentes universidades españolas falan sobre temas de actualidade, as súas investigacións e traballos ao respecto. A serie consta de 7 temporadas e todos os episodios emítense en TVE2 dentro do programa "La aventura del saber". Neste episodio da 7a temporada, titulado: "Que é a restauración ecolóxica?", intervén en representación da USC Carmela Monterroso, profesora do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola. A restauración de ecosistemas defínese como un proceso de reverter a degradación dos ecosistemas -como paisaxes, lagos e océanos- para recuperar a súa funcionalidade ecolóxica; Noutras palabras: mellorar a produtividade e a capacidade dos ecosistemas para satisfacer as necesidades da sociedade. Búscase aumentar a gran escala a restauración dos ecosistemas degradados e destruídos, como unha medida eficaz comprobada para loitar contra o cambio climático e mellorar a seguridade alimentaria, o abastecemento de auga e a biodiversidade. Coñecer que tipos de ecosistemas precisan destas intervencións, ademais, que ecosistemas hai neste estado en España e que se está a facer para remedialo. Coñecer as bases políticas e da ONU para levar a cabo estes movementos. E, os avances que se estudan para conseguir estas melloras nos ecosistemas de forma eficaz e o mellor posible. Ademais de como esta degradación afecta ao mundo e á sociedade. Ademais da USC, participan as seguintes universidades: Universidade da Coruña: Adina Dumitru Universidad Internacional de Andalucía: María Altamirano Universidad de Córdoba: José Luis Quero Universidad de La Laguna: Lea De Nascimento