Peter Stockwell utiliza a segunda parte do seu discurso para falar da esencia dun texto, das características que son mensurables ou analizables. Das particularidades dun texto concreto, dunha serie de textos relacionados, das experiencias e memoria como ferramentas fundamentais do analista. Pouco a pouco vaise adentrando máis no lado teórico da materia.