O discurso de loubanza corre a cargo do padriño Darío Villanueva Prieto, do departamento de lingüística. Xustifica o porqué de concederlle a Gonzalo Torrente Ballester esta honra. Fai mención ó feito de ter outros ilustres honoris causa chegados dende á súa facultade, aclarando que é unha honra para o labor levado a cabo na USC no sector das lingüas. Pouco a pouco vai profundizando na figura do Torrente BAllester literato e sinalando os puntos chave para entender a relevancia deste persoeiro.