Francisco Moreno leva a cabo a súa conferencia titulada "Programa Mind the Gap". Despois de felicitar aos organizadores deste evento, explica detalladamente en que consiste o programa Mind the gap, os seus obxectivos e as características particulares deste. Comeza explicando que é a Fundación Botín e o marco no que se move. Como pioneiros neste campo dentro do sector privado a súa experiencia é dun impacto profundo e polo tanto un referente.