Ismael Rodrigo, en calidade de director do OCIT da Universitat Jaume I, abre o turno de conferencias. Tras uns obrigados agradecementos relata a experiencia na súa universidade. Xurdido do plan estratéxico da universidade, o programa OCIT, con todas as dificultades que o conferenciante relata, é unha das bases de futuro da Universitat de Barcelona. Pouco a pouco vai profundizando nos pequenos detalle da organización, tanto humana como material, das distintas iniciativas, e do modus operandi dentro deste departamento.