Arturo Azcorra Saloña, en calidade de moderador da mesa redonda, fai unha presentación de cada un dos participantes na sesión e ademáis fai unha extensa introducción ós contidos dos que versará o acto. A primeira parte do seu discurso, a presentación dos panelistas faina en inglés, e a segunda, unha extensa reflexión sobre o desenvolvemento do I+D en España e o mundo das patentes e a innovación na nosa actualidade. Os parques tecnolóxicos, as ideas innovadoras, a creación de empresas, a capacitación das personas son conceptos que manexa para describir a realidade actual do emprendedurismo en España.