• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Encontros no Paraninfo con Segio Godinho
  •  »  Entrevista con Sergio Godinho

Entrevista con Sergio Godinho

Data de celebración: 10/04/2007
Visto: 2920 veces

Sergio Godinho comeza corrixindo o subtítulo que Anxo Quintela indica para o seu último album aínda a espera de publicación. Aquí incia unha conversa entre ambolos protagonistas. Continúa falando dos xéneros e grupos que lle influíron, facendo especial fincapé na música rock: Rolling Stones, Bob Dylan... O entrevistador lle pregunta sobre a personalidade colectiva dos portugueses, e Sergio resposta con absoluta sinceridade sobre as debilidades e fortalezas dos seus compatriotas. Introdúcense así no tema político e Sergio fala sobre Salazar e a elección deste como personaxe más popular de Portugal nunha recente enquisa. Sempre se expresa cun chisco de humor, e sempre en relación aos contidos das súas cancións. Continúan a entrevista introducíndonse na parte máis presente do traballo artístico do cantautor facendo alusión o seu paso por Brasil, as raices e o hermanamento que existe con ese país. A entrevista fai unha pausa cando Anxo Quintela insta a Sergio Godinho a interpretar algunha canción do seu repertorio e éste realiza unha breve actuación na que desenvolve tres temas propios. Tras esta primeira actuación continúa a entrevista. Falan dunha homenaxe a Xosé Afonso, dos artistas cos que vai compartir escenario; da loita por facerse notar nos medios porparte dos músicos portugueses. Falan tamén das novas tecnoloxías, da transformación que supuxeron estas (iTunes, MySpace,...); Sergio Godinho fala dunha metamorfose do mercado musical que é inevitable. A transformación ven da man dun cambio social e por ende da resposta do público nos concertos. De novo colle a guitarra para interpretar tres pezas do seu repertorio. Na última fase da entrevista fala doutras disciplinas artísticas como o cinema ou o teatro, da situación actual en Portugal. Tras despedirse e agradecer a presenza do público asisitente fai unha última actuación de dous cancións.

Productora: SERVIMAV
Quintela González, Anxo
Periodista
Godinho, Sergio
Cantautor e poeta
La Universidad Responde.
Data Evento:
09/06/2017
[+]
Mellores expedientes 2017.
Data Evento:
03/07/2017
[+]
La Universidad Responde.
Data Evento:
03/05/2017
[+]
La Universidad Responde.
Data Evento:
09/05/2017
[+]
Honoris Causa Mikhail Alexandrovich...
Data Evento:
19/06/2017
[+]
Foro C.E.A. Memoria, identidade...
Data Evento:
11/10/2016
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license