O reitor da USC fai reseña do traballo levado a cabo por tódolos estamentos na recollida do fuel vertido polo Prestige, e en especial a tódolos voluntarios que participaron dende a USC e as súas distintas capas sociais. Tamén fala sobre o futuro próximo da universidade compostelá e de como a situación global fai temer unha época de austeridade da que hai que sacar o máximo proveito facendo un esforzo común e non deixando de reclamar o que a cada quen lle corresponde. Na parte final do seu discurso sinala o emprendurísmo como unha das metas centrais da USC e dos pulos que neste senso estanse a dar. Remata o acto co Gaudeamus Igitur interpretado polo coro da USC.