Darío Villanueva afirma que Paul Ricoeur leva exercido unha considerable influenza en campos tan diversos como a teoloxía, psicoanálise, historiografía, economía política, ética e teoría literaria. É un dos poucos que no ámbito das ciencias humanas manten o lume dunha interdisciplinariedade, desafortunadamente en retroceso pola fragmentación dos antigos estudios de Filofía e Letras. A Laudatio de Carlos Baliñas ofreceu un cumprido retrato intelectual de Paul Ricoeur. Paul Ricoeur é un mestre da hermenéutica fenomenolóxica na que conseguiu integrar o pensamento da Husserl, Heidegger e Hans-Georg Gadamer e a tradición existencialista, en especial a representada por Garbriel Marcel e Karl Jasper. A hermenéutica de Ricoeur é rural e integradora, Ricoeur, sen chegar o relativismo absoluto, defende o papel de cada intérprete e considera que na dialéctica entre as diferentes interpretacións reside a única verdade á que pode chegar no coñecemento polo que a súa hermenéutica fenomenolóxica ven a coincidir coa actividade fundamental dos universitarios. E remata afirmando que Ricoeur non duda en asumir responsabilidades a prol da mellora da universidade.