• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Festividade de San Tomé de Aquino 2002.
  •  »  Discurso do reitor e peche do acto.

Discurso do reitor e peche do acto.

Data de celebración: 28/01/2002
Visto: 5978 veces

Celebración da festividade de Santo Tomás de Aquino, patrón da Universidade, na facultade de Ciencias do campus de Lugo. Abre o acto a entrada da comitiva oficial mentres o coro da USC ameniza coas súas voces. De seguido, o reitor Dario Villanueva Prieto, inaugura as quendas de palabra cunha breve presentación e dando paso á lección maxistral a cargo de Javier Castroviejo Bolivar. "A biodiversidade e as reservas da biosfera" fai un percorrido pola diversidade biolóxica planetaria, os problemas que a ameazan e a situación actual do home neste entramado. Centra boa parte do seu discurso nas investigacións dentro da nosa península. Sinala como un dos puntos fortes a tratar na busca de solucións o debate aberto en canto á economía biolóxica. En todo momento fai uso dunha gran sinceridade á hora de describir a crise biolóxica que actualmente vivimos. Na parte central do seu discurso apoiase en diapositivas para facer entendible os seus argumentos sobre como cambiar o rumbo da alimentación e distribución desta no mundo. Popurri de cancións gospel en inglés cantada polo coro da USC. O secretario da USC fai lectura da resolución reitoral pola que se nomea decano da Facultade de administración e dirección de empresas da USC. O novo decano José Díez de Castro xura o cargo e fai un breve discurso de inicio no novo cargo. Alude a súa responsabilidade e fai unha visión crítica da universidade e da facultade de empresas en particular. O secretario xeral da USC fai lectura da resolución de entrega da insignia de ouro da USC a Ángel Belmonte Vicente, Carlos Baliñas Fernández, Antonio Eiras Roel, José García Oro e Carlos Otero Díaz. Os homenaxeados levántanse e reciben de mans do reitor a medalla cando son nomeados polo secretario. O reitor da USC Dario Villanueva Prieto comeza falando de como naceu o proxecto de levar a USC a Lugo e do proveitoso deste feito. Tamén fai referencia a Bolonia e aos pasos que haberá que dar e se están dando neste senso. Explica de xeito esquemático o plan estratéxico da USC tanto no ámbito docente como administrativo. Remata o seu discurso repasando os méritos acadados polos homenaxeados no día de hoxe e que lles fan merecedores da medalla da noso universidade. Tamén xustifica o cambio na dinámica habitual dos actos de San Tomé de Aquino, concedéndolle a lección maxistral a un profesor de fora da USC. Remata o acto co Gaudeamus Igitur interpretado polo coro da USC.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
Darío Villanueva Prieto
Reitor da USC 1994-2002
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Gorrións entre tulipáns....
Data Evento:
06/11/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Mesas de análisis do...
Data Evento:
16/10/2024
[+]
Investigamos na USC
Data Evento:
10/09/2024
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license