Modera esta mesa Marta Francisca Pérez Pérez. A mesa divide entres subseccións: emprendemento verde, emprendemento azul e emprendemento laranxa. Explica a súa procedencia e traxectoria profesional respecto da creación de empresas ata chegar á dirección de Valnalón. O emprendemento verde representa ao traballo en equipo. Neste apartado falan, primeiro Ana Belén Vázquez Pardal do Foro Ecolóxico, e inmediatamente despois Chus Paz de Agroverde. Ana Belén Vázquez Pardal fala sobre a organización sen ánimo de lucro á que representa e ao seu traballo no ámbito da agricultura ecolóxica e doutras disciplinas didácticas, divulgativas e participativas orientadas á sostibilidade e ó respeto á natureza. Chus Paz Vizcaya, enxeñeira técnica agrícola, ven falar de Agroverde e da súa experiencia no mundo da agricultura ecolóxica. Rolda de preguntas para o emprendemento verde.