Ramón Zallo Elguezábal, profesor da Universidad do País Vasco, fai un repaso aos puntos que se deben abordar dende os distintos ámbitos profesionais relacionados coa comunicación. Así na primera parte sinala os puntos chave da investigación sobre comunicación na actualidade. Por outra banda, na segunda parte, máis desenvolta e elaborada, realiza unha crítica á actual situación dos medios de comunicación, os poderes que as rexen e o deterioro ó que están sometidos. Así mesmo expón algunhas solucións ou camiños que se poderían seguir para abordar esta situación de retardo, ou estancamento canto menos, que se vive hoxe en día.