Tras unha breve presentación da actividade profesional do protagonista da conferencia, desenvolvida por Anxo Vidal, LLuis Montoliu aborda o tema da súa exposición. A integridade científica é o punto principal e primeiro sobre o que fala o doutor Montoliu. Durante a charla fala sobre conceptos de integridade científica, sobre conductas inapropiadas na práctica, analizará a supervisión do traballo polo responsable da investigación. A investigación tanto con humanos como con animais, a privacidade, as patentes son temas obrigados tamén nunha intervención deste tipo.