Hubert Watelet, moderador da mesa, fai a presentación e a continuación toma o primeiro turno para analizar a historia da Unión Soviética e as consecuencias que trouxo o devir desta potencia na actualidade. Glen David Kuecker fala sobre a crise mundial, sobre o desequilibrio da calidade da vida entre as distintas partes do planeta, da imposibilidade de cambiar a dirección que tomou a humanidade e de que o impacto da catástofre é inevitable. Jacob Kovalio fala dunha necesidade de educación para vivir en democracia, e dos valores extraídos tras o atentado de Septembro de 2001. Paul Servais toma a palabra para, baseándose na obra de Samuel Huttington, falar do choque de civilizacións e de como xestionalo. Elpidio Laguna tamén fai referencia a Huttington e misturao con referencias á historia de Moby Dick, comparándoa con España respecto de Europa e o resto do mundo. Jorge Nóvoa fai un repaso da historia do século XX e di del que foi o século máis longo da modernidade. Juan Manuel Santana fala das repercusión imperialistas do 11-S e de como se desprende unha concepción belicista da historia por parte das campañas propagandísticas dos estados actuais. O último turno correspóndelle a Jesús María Bilbao, quen fala de como repercutiu mediaticamente en España o atentado do 11-S. Ao finalizar as intervencións programadas fórmase un debate que modera o presidente da mesa Hubert Watelet.