Tras unha breve presentación do seu perfil profesional por parte do moderador da conferencia, Andrea Alunni desenvolve o seu discurso, titulado "University challenge seed fund". Ao igual que o seu colega, relata o modus operandi e os obxectivos da Oficina de Transferencia de Tecnoloxía da University of Oxford, outras desas universidades punteiras tanto no plano educativo, como investigador. A autoselección e o método único para iniciar proxectos de transferencia tecnolóxica e investigación segundo a política desta universidade. Profundiza nos métodos de financiamento que teñen utilizado para desenvolver os seus programas de investigación. Ao final da súa exposición amosa un video sobre unha das empresas que eles axudaron a crear.