A moderadora, Lourdes Jordi, presenta a todos os representantes de cada un dos distintos módulos temáticos cos que se configurou este congreso. Os representantes son: Curtis T Keith, Andrea Alunni e Javier López. A presentación faina misturando o castelán co inglés. Despois dunha presentación corta pero clara na exposición do funcionamento desta mesa, a moderadora dispara algunhas preguntas para abrir temáticas de discusión, e facilitando que tanto os protagonistas da mesa como o público asistente se sintan cómodos para participar. Fálase fundamentalmente en inglés. Ao final do debate, no que se discuten os puntos máis polémicos do proceso de inversión en investigación científica, José Luis Villaverde, organizador do evento, pecha estas xornadas cunha mensaxe alentadora para o futuro e de agradecemento para todos os participantes.