O profesor José Lorenzo Salgado fai un repaso, dende o primeiro día, do contacto que os penalistas da nosa universidade e da nosa cidade tiveron e teñen co profesor Vives Antón, quen sendo un xurista excepcional, tivo un contacto máis que salientable coa nosa cidade e a nosa universidade ao longo de toda a súa carreira. O profesor Lorenzo fai unha pequena cronoloxía deste contacto e dos beneficios para toda unha xeración de estudantes da facultade de dereito compostelana.