Ambiente nos aredores e no interior do Pazo de Fonseca, lugar onde se vai a desenvolver o acto de clausura do V Centenario da Universidade. Aínda que vai un día chuvioso hai unha multitude que agarda poder ver a chegada do Príncipe de Asturias, que presidirá o acto. Á súa chegada, o Príncipe é recibido polo reitor da USC e polo Presidente da Xunta de Galicia. De seguido, saúda aos conselleiros e aos membros do Claustro.