Juan Casares Long, en calidade de máxima representación da USC fai o discurso de apertura de curso cun tono de protesta e reclamando unha atención e sensibilidade máis forte respecto das institucións académicas por parte das autoridades, nun tempo no que os recursos escasean e deben usarse de xeito efectivo nas materias esenciais da vida social. Fai especial fincapé na área da investigación científica. Antes ten unhas palabras de agradecemento e admiración para o profesor Domingo Esteban Gómez Fernández, encargado da lección maxistral nesta apertura de curso.