• Inicio
  •  »  USC TV - MEDIATECA
  •  »  Todos
  •  »  Investidura Doutor Honoris Causa D. Fernando J. Devoto
  •  »  Investidura Doutor Honoris Causa D. Fernando J. Devoto

Investidura Doutor Honoris Causa D. Fernando J. Devoto

Data de celebración: 16/06/2021
Visto: 1446 veces

O historiador Fernando J. Devoto incorporouse este mércores 16 de xuño ao claustro de doutores honoris causa da USC nunha cerimonia celebrada no Paraninfo da Universidade, presidida polo reitor Antonio López e na que o catedrático Ramón Villares actuou como padriño. Na súa lección maxistral o profesor Devoto abordou a cuestión do lugar e da situación de enunciación do historiador, alén de realizar un percorrido polo seu vínculo con Galicia dende que en 1992 fora convidado a participar nun foro impulsado pola profesora Pilar Cagiao. O profesor Villares Paz aproveitou tamén a súa intervención para poñer o foco na “traxectoria académica e investigadora extraordinaria” do profesor Devoto ao que cualificou como historiador “nómade” en referencia aos seus periplos dende a cidade de Bos Aires, pasando por moitos países americanos e europeos, ata aterrar en varias universidades españolas.

Productora: SERVIMAV. Servizo de Medios Audiovisuais
Universidade de Santiago de Compostela
López Díaz, Antonio
Reitor da Universidade de Santiago de Compostela
Devoto J., Fernando
Catedrático de Teoría e Historia daHistoriografía, Universidade de Buenos Aires
Villares Paz, Ramón
Catedrático de Historia Contemporánea, Universidade de Santiago de Compostela
Investidura Doctores Honoris...
Data Evento:
06/02/2024
[+]
Festividade de San Tomé...
Data Evento:
30/01/2024
[+]
Acto de entrega das Insignias...
Data Evento:
22/01/2024
[+]
Programa ConCiencia 2023. David...
Data Evento:
21/12/2023
[+]
Exposicións na USC
Data Evento:
08/11/2023
[+]
Universidade de Santiago de Compostela | Teléfonos: +34 881 811 000 e +34 982 820 000 | Contacto
Powered by PumuKIT PRO V 1.70 license