Carlos Hernández Sande fai unha presentación concisa na que non falta o humor. O enxeñeiro e profesor da universitat Politécnica de Catalunya Manel Arrufat Albiol abre o turno de intervencións cun discurso no que fala sobre a evolución do Programa Innova e do enfoque no que basean o seu sistema de valorización de empresas. Ao final da intervención xurde un diálogo entre o moderador, o protagonista e o público. María Márquez Gómez, da Universitat Politécnica de Valencia, fala da experiencia dentro da súa universidade coa iniciativa Instituto de Ideas. Sinala algunhas diferencias de proceder con respecto á experiencia do conferenciante anterior. Tamén se forma un debate ao final da intervención da conferenciante. Gabriel Vilora Fuentes, Director de Emprendemento do Grupo Santander, sinala o punto de vista dunha iniciativa privada en colaboración coa universidade. Ao igual que nos casos anteriores o debate enlaza co final da conferencia.